Reseña da charla

 O venres 11 de febreiro, todo o alumnado de 1eiro de bacharelato científico tivemos a oportunidade de ir á escoitar unha charla dada por Eduardo Sáenz de Cabezón, na Universidade de Vigo, no Cubi.

Eduardo Sáen de Cabezón é un matemático coñecido, entre outras cousas, por escribir "El Árbol de Emmy", unha novela que relata a historia de Emmy e as adversidades que tivo que pasar polo simple feito de ser muller, a pesar de ser a mellor da súa clase e de poñerlle o mesmo, ou incluso máis, interese en aprender que os demáis.

Este libro leémolo todosxuntos na clase, xa que nos repartimos os capítulos de xeito que cada grupo (trío ou cuarteto) fixo unha presentación para que toda a clase puidese coñecer a historia de Emmy completa.


A charla, polo contrario, non tiña nada que ver co libro, Eduardo falounos sobre a importancia das matemáticas e da súa utilidade na vida, xa que son moitas as persoas que se preguntan cal é o verdadeiro sentido destas. Ao longo da charla foi alternando novas teorías con humor e con anécdotas personales, deste xeito fíxose máis amena e permitía non estar tan concentrado en entender todo o que estaba dicindo, pois explicou moitos conceptos novos que requerían atender constantemente.


Falou da importancia das redes en xeral, e do fácil que é manipular a información (todo isto relacionado coas matemáticas e cos sistemas de comunicación, tamén), el quería facernos reflexionar sobre as cousas que intentáramos dubidar e que non déramos todo por sentado, coas matemáticas podemos descubrir de onde saiu cada hipótese confirmada y que tengamos curiosidade polo orixe das afirmacións absolutas.

OPINIÓN PERSONAL:

Para min foi demasiado longa pois ao ser de matemáticas, chegou un momento no que resultoume imposible seguir prestando atención. Ademáis fariaá máis lúdica de xeito que os espectadores puidesen participar na conferencia e así creo que sería máis diveritdo para nós, pois intentaríamos compatir coñecementos co resto do público, e para el tamén, porque estar tanto tempo falando debe ser agotador.

De todos os xeitos a idea da charla e de aprender de forma diferente encántame, sobre todo porque non adoitamos facer excursións ou saídas. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

A SÚA CAPITAL

IDENTIDADE DIXITAL