O venres 11 de febreiro, todo o alumnado de 1eiro de bacharelato científico tivemos a oportunidade de ir á escoitar unha charla dada por Eduardo Sáenz de Cabezón, na Universidade de Vigo, no Cubi. Eduardo Sáen de Cabezón é un matemático coñecido, entre outras cousas, por escribir "El Árbol de Emmy", unha novela que relata a historia de Emmy e as adversidades que tivo que pasar polo simple feito de ser muller, a pesar de ser a mellor da súa clase e de poñerlle o mesmo, ou incluso máis, interese en aprender que os demáis. Este libro leémolo todosxuntos na clase, xa que nos repartimos os capítulos de xeito que cada grupo (trío ou cuarteto) fixo unha presentación para que toda a clase puidese coñecer a historia de Emmy completa. A charla, polo contrario, non tiña nada que ver co libro, Eduardo falounos sobre a importancia das matemáticas e da súa utilidade na vida, xa que son moitas as persoas que se preguntan cal é o verdadeiro sentido destas. Ao longo da charla foi alternando ...